CALIDOSCOPIO
FOTOGRAFÍAS
INICIO
COMPAÑÍA
OBRAS EN CARTEL
TÓDALAS OBRAS
CONTRATACIÓN
FICHA TÉCNICA :
Autor : Esteban Losada
Xénero : Comedia
Idioma : Galego e castelán
Público preferente : Infantil ( de 6 a 11 anos)
Duración : 60 minutos
Tempo de montaxe/ desmontaxe : 4 horas/ 2 horas
Potencia eléctrica : 5 Kw / 380-220 v
Espacio escénico : Ancho : 3 m,  fondo  : 3 m,  alto : 3 m
Actores e técnicos: Xosé Lois López "Sacha", Marián González, Enma Gato, Helga  Méndez, Ricardo Costa "Kai" , Pablo Sánchez, Esteban Losada.


POSTA EN ESCENA:
É a cuarta montaxe da compañía e na que navegan por primeira vez polas procelosas augas dos adultos. Tamén é o primeiro no que empregan a luz ultravioleta, os decorados e as personaxes construídas tan só por líñeas confírenlle un aspecto moi cercano estéticamente ó comic.

SINOPSE:
Un bebé é abandonado pola súa nai nun noxento cubo de lixo, os berros da criatura espertan ós veciños e, a nai foxe entre imprecacións. Diversas personaxes cruzan o porcallento calello pero por diferentes motivos todos eles deixan ó desvalido bebé a súa sorte. Todos menos un borracho que ó dar de bruzos contra o cubo descubre ó seu agarimoso contido que colle no colo e atouliña ó tempo que lle di: Ninguén te quere, ¡hip! A min tampouco me queren, así que a partires de agora quererémono-los dous, ¿dacordo, Xoti? Quince anos máis tarde Xotí convértese nun introvertido e mudo xove que tan só se comunica co seu saxofón, mais isto cambiará...